Listen

Description

Oitava e derradeira emisión do Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, hoxe escoitaremos o traballo de Alfredo e Paula sobre Deforestación e biodiversidade. Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe: David Bowie. Reseña Histórica galega: Reseña sobre Amada García, muller republicana fusilada en 1938 polos militares sublevados. Música Galega: Eugenia sanmartín ao vivo. Falamos do seu vindeiro concerto na casa da muller de Ferrol o venres 29 de xaneiro ás 20:00 horas.

Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.