Comezamos coa sección de literatura galega cunha entrevista ao escritor Antonio Fraga Allegue de Pontedeume, recente gañador do I Premio “Antón Risco” de Literatura Fantástica e gañador do premio Merlín de Literatura Fantástica no ano 2013. Falamos con el vía telefónica.
Contamos coa habitual sección de Eugenia Sanmartín, músicas de Brasil e outras terras. O Tema de hoxe: A música cura a alma.
Temos a estrea da nova sección O Cantor de Jazz, unha nova sección de música e cine con Carmen Sixto.
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.