Listen

Description

Comezamos cunha minientrevista a Victor G. Novás, directivo da asociación cultural Fuco Buxán, para falarnos dalgúns proxectos que están a levar a cabo e doutros que teñen por diante.

Contamos coa habitual sección de Eugenia Sanmartín, músicas de Brasil e outras terras. O Tema de hoxe: O Carnaval de Brasil.

Contamos coa habitual sección de música e cine de Carmen Sixto, O Cantor de Jazz.

Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.