Entrevista á xunta directiva da Asociación Cultural Camiño da Artesanía para coñecer a súa historia e actividades, e para falar da vindeira inauguración da súa exposición que terá lugar no salón de exposicións da Autoridade Portuaria Ferrolá dende mañá xoves 7 de abril.
Logo, retomamos a sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe: [O Clube da Esquina de Milton Nascimento] e despois continuamos coa sección de Carmen Sixto, de música e cine, O Cantor de Jazz, o tema de hoxe: [A Fotografía no Cine].
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.