Este primeiro programa será unha toma de contacto coas novas seccións engadidas neste programa, tales coma o magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora de Ánxela Martínez Cortizas, nesta primeira edición da súa sección,
escoitaremos o traballo de Kelly, Sara e Aroa sobre as Drogas e os efectos do seu consumo.
Neste primeiro programa da segunda temporada, tamén teremos a estrea da sección Música de Brasil e Outras Terras a cargo de Eugenia Sanmartín, nova colaboradora do programa, toda unha honra, e que estará con nós ao
vivo, todas as semanas, ou sempre que poida, para deleitarnos cos seus saberes musicais.
Estrearemos a sección novas da bisbarra a cargo do novo colaborador Rubén Dopico (Directivo da A.C Fuco Buxán, Membro das Marchas da Dignidade, activista social entre outras atribucións) que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra.
Todos estes contidos estarán amenizados pola música galega do V Festival de Cantareiras Mestura que tivo lugar o pasado día 3 de outubro en Meirás.
Hoxe, escoitaremos un tema de Agrupación Folclórica e Cultural Donas e Galáns e outro dos cantareiros Os Carecos de Ortegal.
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da
FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.