Neste programa número 21 da segunda temporada, temos unha minientrevista a Antón Rodríguez director e produtor, Graduado en Comunicación Audiovisual e Máster en Documental e Reportaxe xornalístico e ao Catedrático de Lingua e Literatura Galega Xosé María Dobarro para falar da vindeira presentación do documentario Vieiros de Esperanza e do profesor Ricardo Carvalho Calero, falar do documental sobre o literato ferrolán que foi realizado por Antón Rodríguez Fernández e que será presentado este venres ás 20.00 horas, na capela do Torrente Ballester dentro do marco do ciclo impulsado a prol do escritor ferrolán polo Concello de Ferrol e da plataforma Día das Letras Galegas 2017 para Ricardo Carvalho Calero.
Logo, última emisión desta temporada da sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras, o tema de hoxe: [Unha mensaxe de amor á música] e despedida desta temporada da sección de Carmen Sixto, de música e cine, O Cantor de Jazz, o tema de hoxe: [HENRY MANCINI].