Listen

Description

Sección Literatura Galega e lectura do poema Nin Por Esas!, de Javier Valcarce Ocampo, que saíra publicado na revista Galicia Humorística aló polo ano de 1888.

Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, nesta ocasión, escoitaremos o traballo
de Cristina e Andrés sobre o Deporte.

Sección Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe: A Bossa Nova.

Sección Novas da bisbarra a cargo do colaborador Rubén Dopico que trata sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra.

Música galega do V Festival de Cantareiras Mestura que tivo lugar o pasado día 3 de outubro en Meirás. Hoxe escoitaremos outro tema da Agrupación Folclórica e Cultural Donas e Galáns e tamén repetimos con outro dos cantareiros Os Carecos de Ortegal.