Listen

Description

Neste cuarto programa da segunda temporada escoitaredes terceira edición do Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, nesta ocasión, escoitaremos o traballo de Javier, Noelia e Daniel sobre A Saúde.

Sección da colaboradora Eugenia Sanmartín, e a escoitaremos na súa sección Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe: Músicas de outras Terras.

Sección novas da bisbarra a cargo do colaborador Rubén Dopico que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra. Conectaremos coa súa presenza no nosos estudios.

Sección de Roberto Carrodeguas, sección Versións Alternativas.

Todos estes contidos estarán amenizados pola música galega de MJ Pérez (María José Pérez) é unha nova artista do panorama actual da música en galego. Aprendeu a tocar a guitarra aos 14 anos e ao pouco tempo comezou a compoñer os seus propios temas, descubrindo unha nova forma de expresarse a través da música. Fun testemuña dun estupendo concerto seu no Guarisnais de Ferrol o pasado domingo 08 de novembro. Escoitaremos primeiramente o tema Morder a lingua e de cara ao final do programa o escoitaremos o tema Estoupar

Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.