Programa Entrelazados Nº 54, programa divulgativo en lingua galega, na canle 93.9 da FM, na RâdioFilispíM, a radio libre e comunitaria da terra de Trasancos. Na locución e coordinación, Xurxo Gago.
Comezamos dende os estudios do Colectivo Opaii, da rádiofilispiM. Hoxe escoitaremos primeiramente a sección do catedrático Xosé M. Dobarro reminiscencias do noso pasado, na terceira entrega sobre o limiar das Irmandades da Fala aló polo ano 1916. Escoitaremos a A Quenlla coa canción [Manifesto de Lugo] toda unha homenaxe ás Irmandades da Fala.
Despois da música galega retomamos a sección minientrevistas para entrevistar a Bruno Lopes, directivo da Fundaçom Artabria para falarnos do vindeiro ciclo de actividades que organiza a súa Fundaçom neste mes de febreiro.
Gozaremos da habitual sección de Carmen Sixto O Cantor de Jazz, o tema de hoxe [Katheraine Hepburn] e da sección de Eugenia Sanmartín, Músicas de Brasil e Outras Terras o tema de hoxe [Xente].
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com. Ademais convídovos a visitar a web http://agora.gal/podgalego/ onde poderedes escoitar todos os programas emitidos e moitos máis podcast en lingua galega.