Listen

Description

Cuarta amisión do Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, nesta ocasión, escoitaremos o traballo de Adrián, Fran e Miguel, sobre A Pesca.

Recomendacións musicais de Eugenia Sanmartín na súa sección Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe: O Amor.

Sección habitual novas da bisbarra a cargo do colaborador Rubén Dopico que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama cultural e social de Ferrolterra.

Roberto Carrodeguas na súa sección Versións Alternativas, que tratará hoxe sobre a guerra que nos vén, tras o tristes, terríbeis, atentados en París o pasado venres 13 de novembro.

Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.