Sexto programa da segunda temporada comezamos coa quinta emisión do Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, nesta ocasión, escoitaremos o traballo de Ana, Marta e Moisés, sobre O Petróleo e os seus derivados.
Recomendacións musicais de Eugenia Sanmartín na súa sección Músicas de Brasil e Outras Terras. O tema de hoxe: Carlinhos Brown.
Sección habitual novas da bisbarra a cargo do colaborador Rubén Dopico que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama cultural e social de Ferrolterra.
Sección Versións Alternativas a cargo de Roberto Carrodeguas, hoxe falará sobre a Xeoinxenería.
Lembrar que para contactar co programa, tedes as seguintes vías: Email entrelazdosnasondas@gmail.com, twitter @EntrelazadosRF, e por teléfono 981371040. Para escoitar o programa en directo sintonizade o dial 93.9 da FM ou conectade vía streaming dende o blog opaii.blogspot.com.