Sétimo programa da segunda temporada temos a sexta emisión do Magazine científico radiofónico do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora Ánxela Martínez Cortizas, escoitaremos o traballo de Santi e Fran sobre Novos Materiais.
Sección misterios do mundo e da Terra cun pequeno arquivo sonoro sobre a Glándula Pineal.
Sección habitual novas da bisbarra a cargo do colaborador Rubén Dopico que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama cultural e social de Ferrolterra.
Sección Versións Alternativas a cargo de Roberto Carrodeguas, hoxe falará sobre cume que se está a celebrar en París sobre o cambio climático.
Música galega dos Gaiteiros de Moscú coa [Rumba de Vergara] e antes de cara ao final do programa escoitaremos a MJ Pérez cos seu tema [ Reciprocidade MJ].