Nova viaxe ao Condado da Galiza meridional. Desta vez o protagonismo é para unha nova banda, que entra con forza na música galega. Son os Keixa, con K. Primeiro apresentaron un traballo, CINZAS, e agora é o momento da BESTA.
Un dos seus integrantes, Arón Ferreiro, falounos das orixes da banda e dos seus traballos musicais e audiovisuais.