Listen

Description

O protagonismo do Deixe Falar desta semana é para CASTIÑEIRO MILENARIO. Así se chama esta Asociación Cultural de Begonte, na Terra Chá que dinamiza a cultura galega através da música, do cinema e das actividades de carácter ambientalista.

Falamos con Carlos Fernández, biólogo que traballa na Facultade de Veterinaria de Lugo e que leva na asociación Castiñeiro Milenario case desde a súa fundación no ano 2006.

O secretario de Castiñeiro Milenario presentounos o espazo natural protexido no que se desenvolven coleccións de árbores e plantas vasculares cunha lóxica paisaxística e con fins pedagóxicos. Falounos das foliadas de primavera outono e inverno, do festival das Letras, do Obradoiro de Billarda e da Festa da Xuventude, do ciclo de cinema, da historia do festival 27373 e do programa para esta décimo terceira edición.