Listen

Description

Xa temos novo episodio de Galiza Metálica!!

Son Patty Castro e estou encantada de estar de novo contigo neste novo programa!

Tráioche un programa que contén as entrevistas a Montse Díaz a guitarrista de Distance Sisters o grupo formado por mulleres da zona de Ourense que fai as delicias dos amantes do rock e o blues. Tratan de visibilizar nas súas letras a figura feminina e fano da mellor das maneiras, compartindo a súa forma de entender a música kañera!

Tamén falamos con Nano o guitarrista e fundador de Mano de piedra, este grupo afincado en Vigo fai unha mixtura de varios estilos para facer as delicias dos oídos mais metaleros, falaremos con él para coñecer mellor pasado, presente e futuro desta bandaza !

E tiven o pracer de entrevistar a Dani o fundador de GZ música, un home que opostou xa ai mais de 10 anos por a música en galego e sacar adiante a grupos que estaban no underground.A día de hoxe conta cun equipazo do que teño o orguio de formar parte e que fai posible que GZMúsica saia na NósTV como referencia no audiovisual na música galega.
Coñeceremos mellor como foron os comezos e hacia onde camiña!

E para rematar tiven o pracer de contar na nosa sección de mulleres galegas kañeras cunha asturiana afincada en Ourense.Unha muller referente, Ana a vocalista de Distance Sisters, quen nos vai a falar da súa traxectoria persoal na música.

Ademáis temos a nosa sección de bolos na que nos facemos eco do listado que saca a luz Rubén de Orión 2.1, o programa especializado en rock e metal da Cuak FM.
E fagome eco dun concerto ben especial que faise mañá día 18 de xuño na sala rebullón de Mós, posto que a recaudación vai integramente para financiar o tratamento de Kris Siera, unha rapaza con problemas graves de saúde.

Espero que o desfrutes tanto coma min! unha forte aperta e xa sabes, merca música , vai os bolos e fai o posible para que Galiza siga sendo Metálica!

CALLE DEL RUIDO – El principio del fin… -- Dime
ENTREVISTA COM MONTSE DÍAZ (Guitarra) – DISTANCE SISTERS

DISTANCE SISTERS – Are You Gonna bem y girl – Are you gonna bem y girl
DISTANCE SISTERS – Break it Down – Breal it Down

CRU – A (EP) – Ceives

ENTREVISTA COM NANO (Guitarra) – MANO DE PIEDRA

MANO DE PIEDRA – Today’s Ashes – Storm Of Axes
MANO DE PIEDRA – Today’s Ashes – Ancient Gods

MALTINE – Saliva – Hazlo
ANECOID – Balas Homicidas – Balas Homicidas
ZELION – 1107 – A Contrarreloj

ENTREVISTA A DANI DE GZ MUSICA

SOLRAIN – Haz Que No Pare – Plena Cocción
LOS MOTORES – Un dia perfecto – Soy tu pesadilla
ZONA ZERO – Tu Caída – Tu Caída
ZONA ZERO – Biodramina – Biodramina
DHARMA – Abismo – Abismo

AGENDA DE CONCERTOS / BOLOS

DELEIBA – Alegre Falsedad – Alegre Falsedad

NÃO – Cancións de Amor e Liberdade – O Lobo

ENTREVISTA COM ANA (DISTANCE SISTERS) – MGK

BATEA – Tampoco somos los Rolling – Castelbar
GRILO – Deixádeme -- Deixádeme

BALA – Maleza – Hoy No
2SISTERS – The Devastating Clock – My Own Enemy