Listen

Description

Moi boas son Patty Castro e estou encantada de estar outro día mais contigo.

Hoxe traiovos neste 3º programa do ano, un programa cultural. Afastándome do que ven sendo a dinámica habitual do programa este programa trae catro seccións que esperan ofrecer unha forma de coñecer mellor aspectos culturais que considero ben importantes.

O primeiro e darlle as grazas o meu compañeiro nos mandos do Galiza metálica o gran Imperatore das ondas, Filipe Marta, que fixo posible que este especial saira a luz facendo unha recopilación de música que afondas nas nosas raíces como cultura underground e metalera.
O segundo e decirvos muito obrigada a tódalas ouvintes portuguesas que grazas a Antena Minho na 106FM de Braga e o programa S.O.S Heavy Metal Radio Show escoitades o Galiza Metálica, tódalas noites a partir das 12:00 hora portuguesa nas noites da segunda a terça feira.

SECCIÓN HISTORIA DO ROCK, E HEAVY METAL EN GALEGO
Nesta sección fágome eco da recopilación que podedes atopar en Roucoson, da man de Jacobo Mouriño.
Neste primeiro achegamento repasamos os comezos das primeiras bandas de metal que sacaron temas en galego.E desta volta falamos de XUDEF KLASS e poñemos o tema de Galicia amaceirada.

SECCIÓN RESEÑAS DE AUDIOVISUAIS:
Nesta sección tentarei facerme eco de audivisuais interesantes para o que nos interesa, o rock, heavy e metal.
Nesta primeira vez fágome eco do primeiro documental que se fixo na Galiza e que fala dosbre o death metal en galego, estou a falar de ESCUROS,RONCOS E COMPASADOS .De Luis E. Froiz e Carlos Pensado
do ano 2012, 126 minutos.
ABSORBED – Reverie – Quantum Leap
S.O.K. – Cannibalism – Feast of Maggots

Podes velo nesta ligazón ao youtube.
https://youtu.be/syL7o2K4xvE

SECCIÓN LITERARIA
Nesta sección fagome eco de libros, ensaios e proxectos tan interesantes como é NATIVAS , publicación underground de contracultura , de edición anual e sacado adiante por a banda compostela NIN A TIROS. Poderedes escoitar de primeira man dun dos deus promotores Miguel Cutrín de que vai esto do que vos estou a falar.
NIN A TIROS – Na Hora do Lobo – A Derradeira Candea

SECCIÓN DE HISTORIA DA NOSA GALIZA
Nesta sección quero facer unha homenaxe pola nosa historia como pobo, pois considero que moitas veces non é tan doado aceder a nosas raíces culturais e históricas.Nesta primeira volta falaremos dos Saefes, unha cultura da Idade do ferro que marcou as nosas raíces culturais e dounos identidade tanto a galiza coma o norte de Portugal.
SANGRE DE MUERDAGO – Noite – Medianoite

SECCIÓN METALIZANDO A RAPAZADA
Nesta sección tentarei graza a colaboración das miñas fillas Aldara e Ariadna facer unha recopilación dos inicios do heavy metal e ir coñecendo mellor con elas os comezos desta música que nos gusta.A intención e educar a nosa rapazada e que poidamos desfrutar con elas desta música e fomentar que a poidan coñecer mellor.
Presentaran exemplos blues rock, hard rock e rock psicodélico e falaremos dun dos grupos considerados como pioneiro no heavy metal, como son os BLACK SABBATH.E tamén comentaran cousiñas cuirisas como de onde saen esto de poñer os cornos.
BLACK SABBATH – 13 – God Is Dead?

Mais nada espero que vos guste este primeiro especial cultural de Galiza Metálica.Recordarvos que o próximo día 6 de febreiro teremos outro programa xa mais na tónica habitual.

Moitas grazas e recordade seguide a poiando as bandas, mercade música ide os concertos e facede o posible para que Galiza siga sendo metalica!