Nova entrega do voso programa de rock, heavy e metal de música de grupos galegos da Galiza e locutado en galego por Patty Castro e misturado por Filipe Marta de S.O.S. Heavy-Metal Radio Show de Antena Minho de Braga , Portugal!
Nesta entrega ven cargado de música , entrevistas , axenda de bolos e moito mais!
Comezamos con Lostregho un grupo da costa da Morte, da pequena Ponteceso, uns amigos que soltan adrenalina e kaña a partes igual nun galegho ben bonito!
Despois seguiremos coa nosa sección con jacobo Mouriño, na que desgranaremos as novas de Roucon son sobre a actualidade musical do panorama , e a defensa da plataforma grupos en loita de vigo.
Seguiremos cun referente galego en canto a traballar pola visibilidade do metal, rock e heavy galego, nacional e internacional, Ruben de Orión 2.1 .O programa da radio comunitaria de Cuak FM da coruña.
Teremos a gran sorte de contar con Diego de Moura vocalista desta banda coruña que nos fala da incorporación de belem tajes e do seu tema o baile do denton eglobado dentro do novo traballo Axexan , espreitan que van sacar en maio .
Contaremos coa axenda de bolos desta finde semana por toda Galiza.
E xa para rematar teremos a nosa sección de entrevistas MGK coa gran vocalista e compositora Uxía. Todo un referente galaico-luso!
Non vos perdades este programa cargado de música!! moitos grupos e referentes para estar ao tanto da actualidade!
E recorda compra música apoia aos teus grupos locales e vai a concertos para que Galiza siga sendo metálica.