Listen

Description

Moi boas son Patty Castro e douche a benvida a outro galiza metálica Cultural no que teremos 5 seccións e afondaremos na nosa historia como pobo e como cultura metalera.
Recordar as ouvintes portuguesas e galegas que nos escoitades na Antena Minho na 106.FM todas as noites da segunda a terça feira a partir das 12:00 HORA PORTUGUESA.
Decirvos tamén que podedes escoitarnos en formato podacast en IVOOX, GOOGLE PODCAST, SPOTIFY, ITUNES E PODGALEGO

CALLE DEL RUIDO – Non son o único – Non son o único

SECCIÓN HISTORIA DO METAL EN GALEGO.
Da man de Rouco son afondamos sobre o grupo vigués Desvirgueitors, unha banda crucial que fixo o primeiro album no que a metade dos temas están en galego.

DESVIRGHEITORS – Desvirgheitors – Unha de Guerra
DESVIRGHEITORS – Desvirgheitors – Solo en tí/ Laberinto interior

SECCIÓN DE LITERATURA
Grazas Miguel o guitarrista de NIN A TIROS coñeceremos mais dunha interesante proposta para poñer en valor o talento literario da nosa Terra.TES 5 MINUTOS que nace da colaboración entre a deputación de Pontevedra e a editorial galaxia.Unha interesante proposta colaborativa!

NIN A TIROS – Nin a Tiros – Poema de Pedra
NIN A TIROS – Na Hora do Lobo – Na Hora do Lobo

SECCIÓN PEQUENA HISTORIA DA GALIZA
Nesta vez falaremos sobre os galaicos, e a cultura castrexa do norte do Portugal e a Galiza.Unha forma de coñecer mais sobre a nosa propia cultura como pobo.
SANGRE DE MUERDAGO – Noite – Roubando o Viño do Fauno

SECCiÓN DE RESEÑAS DO AUDIOVISUAL
Faremos un repaso por un documental ben interesante e moi educativo que fala da viaxe dun METALHEAD, feito por un A Headbanger's Journey é un documental do año 2005. Dirigido por Sam Dunn, un antropólogo canadiense graduado da Universidad de Nueva York.
https://youtu.be/tozcgBDz6aA

MOTORHEAD – No Remorse – Killed by Death
ALICE COOPER – Trash – Poison

SECCIÓN METALIZANDO A RAPAZADA
Aldara e Ariadna seguen a explorar os comezos deo heavy metal desta volata cunha banda moi mítica, JUDAS PRIEST que ten a honra de ter aportado esa estética de coiro e pinchos tan características de este estilo.

JUDAS PRIEST – Painkiller – Painkiller
JUDAS PRIEST – Turbo Lover – Turbo Lover
JUDAS PRIEST – Angel -- Angel

MOITAS GRAZAS E ESPERO K VOS GUSTE ESTE NOVO E DIFERENTE GALIZA METÁLICA.