Moi boas son Patty Castro e xunto co meu compañeiro Filipe Marta do S.O.S heavy metal radio show facemos chegarvos semanalmente este anaco de puro metal e rock 101% galego.
Hoxe neste Galiza metálica estamos mais galegos ca nunca, temos catro seccións que ten~en un denominador común; Galiza.
e como falamos da Galiza , falaremos do Ghallaecia metalfest e do terceiro grupo que vai soar as 21:00, Lóstregos! con intervención da propia banda, acórdate o 25 de novembro!!
Na sección de historia da Galiza falaremos do nacemento do parto xemelar de Galiza e Portugal no século X
Na seccón de audiovisuais escoitaremos sobre SEMENTE DE BERRAR 40 anos na rúa facendo ruído.Un documental impredible sobre o punck rock nesta terra.
Na sección literaria falaremos de deuses celtas da mellor maneira, con Manuel Gago e Manel Cráneo e o seu VENTO E CHUVIA.
E na nosa sección estrela METALIZANDO A RAPAZADA, Ari e Aldara seguen a contarnos sobre os precursores do metal en Galego, desta volta falaremos de Túzaros, Skornabois,Zenzar e Astarot.
Ademais de a mellor selección musical!
Mileth - palismokas
kaleikia - chan de gorita
xhamain - soño de inverno
Lóstregos- deidades da noite, meigo das pedras
Lóstregos - Meigho das pedras.
Nin a tiros- na hora do lobo
Skacha - ben que te foden
Keltoi - Galicia
Love Killer- Killer barbies
Brutal - Sangue / desterrado
Kalte sonne - serendipity
Atreides- paraiso perdido
Froalla- perseidas.
Zenzar - todo se extingue
Túzaros- mata o monstro
Skornabois - o verme homicida
Astarot - adios rios, adios fontes
Nuada - Avante
Machina - O infraordinario.