Moi boas son Patty Castro e estou de novo outro días mais a presentarche un novo episodio de Galiza Metálica cultural.
Desta volta traemos as nosas 5 seccións culturais aderezadas cos poemas de FOSI un vocalista de bandas como LABAZADA , DELOMBAOS ou outros como Faba ou Toldos Ghomes.
Dende o 2017 vocalista da banda compostelá NIN A TIROS.
Tivo a ben poder declamarnos algún dos seus poemas e escritos.Se gustas que saibas que podes seguir a PROXECTO FOSI en Facebook.
SECCIÓN HISTORIA DO METAL EN GALEGO
ROUCO SON C/ JACOBO MOURIÑO
Hoxe coñeceremos mellor a banda Coruñesa MOL, activa dende os anos 90 e que introduciu o galego nas súas composicións mestura entre hardcore punk e thrash metal.
MOL – Niños estúpidos – Niños estúpidos
MOL – Más hardcore y menos folkclore – Más hardcore y menos folkclore
SECCIÓN HISTORIA DA GALIZA
Hoxe coñeceremos mais sobre a Gallaeccia Romana, que era, os seus límites, historia, organización e cal foi o seu legado na nosa historia como pobo.
SANGRE DE MUERDAGO – Anacos da Miña lalma – Anacos da Miña lalma
SECCiÓN RESEÑAS NO AUDIOVISUAL
hoxe coñeceremos mais sobre un documental Until The Light Takes Us (2008)
Para todos os amantes do black metal , este documental pretende mostrar as persoas de este estilo, cunha visión o mais obxectiva posible.Grupos archicoñecidos da nosa época débenlle moito as innovadoras formas musicais.
Año: 2008
Duración: 100 min.
País: Estados Unidos
Director: Aaron Aites, Audrey Ewell
Guion: Aaron Aites, Audrey Ewell
Fotografía: Audrey Ewell, Odd Reinhardt Nicolaysen
Música: ---
Género: Documental sobre música
https://www.filmin.es/pelicula/until-the-light-takes-us
MAYHEM – Freezing Moon – Freezing Moon
DISSECTION – Where Dead Angels Lie – Where Dead Angels Lie
SECCIÓN LITERARIA
Temos outra colaboración de Miguel Cutrín quen adica ao autor galego recentemente falecido SALVADOR GARCÍA -BODAÑO.
GUIHERME BERNARDES – Lone Wolf – Lone Wolf
SECCiÓN METALIZANDO A RAPAZADA
Aldara e Ariadna traennos desta volta a unha banda ben mítica e que representa o heavy metal británico, IRON MAIDEN, e tamén falannos da súa mascota o EDDIE.
IRON MAIDEN – The Trooper
IRON MAIDEN – Fear of the Dark
IRON MAIDEN – Hallowed Be Thy Name
Espero que gostes deste galiza metálica cultural!
Grazas a vos tódas as ouvintes e tamén a Antena minho polo apoio e aposibilidade de chegar con este programa en galego as ouvintes do norte do Portugal.
esto non sería posible sen a axuda do meu compañeiro Filipe Marta, o Imperatore das ondas do templo da perversión sónica, tanto no Galiza metálica, como no S.O.S heavy metal radio show.
Apertas e ata o próximo luns!