Xa chegou o novo podcast de Galiza Metálica deste mes de maio.
Son Patty Castro e estou encantada de estar outro día mais contigo,traioche un programa cheo de música, entrevistas , cónicas de bolos e axenda de concertos desta finde semana.
Comezamos coa entrevista de Xaquin de Teima que nos ven a contar un pouco da historia da banda e as novidades que están a cocer.
Seguimos con as crónicas de Mon do bolazo que deron os perpetual na sala capitol para presentar Memento Mori ben acompañados de Barbarian Prophecies e Agónica.
Seguimos cunha entrevista moi especial con David de Eager Platicus a banda de hard rock de Arteixo que ven pegando forte.
E por último teremos con nós a Nerea a vocalista de Sound Sisters unha banda chea de homes e mulleres amantes do rock.
E como non a nosa sección de Concertos da finde semana que ven cargada de bolazos ben interesantes!!
Grazas por escoitar! e xa sabes merca música, vai os bolos e apoia as túa bandas locais fai todo o posible para que Galiza siga sendo Metálica!