Xa tedes un novo episodio de Galiza Metálica!
Acaba de sair do forno, coidadiño que queima e mais cun día coma hoxe, nos que aveciña unha treboada!
Son Patty Castro e estou encantada de estar outro día mais acompañandote a descubrir as novidades do panorama rock , heavy e metal da Galiza.
Desta volta tiven o pracer de entrevistar a Filipe Marta, colaborador de Galiza Metálica e o Imperatore das ondas metaleras en Portugal.Un home que leva dende a década dos 80 facendo o que mais lle gusta, escoitar e facernos desfrutar coa música mais kañera, dende o seu programa S.O.S heavy metal radioshow de Antenha Minho de Braga.Coñeceremos mais sobre os seus comezos e sobretodo deste amor profundo pola lingua galaica e o seu apoio incondional aos grupos deste lado do miño.
Tamén contaremos coas sección de roucoson , na que Jacobo Mouriño cóntanos a actualidade deste medio de presa especializado no rock , heavy e metal da Galiza, coma sempre un pracer inmenso poder contar con el nas nosas filas!
E por último tiven o pracer de entrevista a unha muller galega kañera, a vocalista de Sound sister, Nerea Iglesias, que vainos a contar a súa experiencia musical dendeos seus orixes no tradi ata rematar neste grupazo de Sarria de hard rock!
Tamén como non, na nosa sección de bolos teremos o pracer de contar coa listaxe que realiza Rubén de Orión 2.1, o programa de rock, heavy e metal feito na emisora Cuak FM da coruña, mañá saca un novo programa non deixedes de escoitalo! poñereivos ao día do que podedes facer en cuestión de bolos para esta finde e para a que ven nas catro provincias galegas.
E como non deixovos a listaxe da música deste episodio:
GALIZA METÁLICA 11
MALTINE – Interior Noite – Non Sei
MALTINE – Saliva -- Motor
RHEIA GORECKI – VVV – Talk in Circles
DIOIVO – Hai Sede na Nova Galicia – Hai Sede na Nova Galicia
SESO DURÁN – Ascensión – O País Non País
GRIMA – A Ver Ahora – Sed
SOUND SISTERS – No More – No More
AGORAPHOBIA – Incoming Noise – É unha opinión
XHAMAIN – Na Alma – Xunto A Ti
GRETA VAN FLEET – The Battle at Garden’s Gate – The Weight of Dreams
AURORA & THE BETRAYERS – Vudú – Losin’ My Mind
PENDEJO – Toma – Wrathchild
GOLPE RADIKAL – Cronos – Zombi
ODDY LANE – Apólogo – Realidades Alternativas
KOWLOON – Renacer – Nuevo Ayer
ACOUGA – Novo Paradigma – Que foi?
CUCHILLO DE FUEGO – Megavedra – Hombro Digital
Apertas e moitas grazas por seguirnos e escoitar, xa sabes vai os bolos, merca música e sigue facendo que Galiza siga sendo Metálica!