Listen

Description

Moi boas, son Patty Castro e traioche un novo Galiza Metálica!

O primeiro que quero e agradecer as ouvintes que se achegaron o pasado día 16 de novembro a Sala Rebullón en Tameiga, Mós.
Tanto o meu compañeiro Filipe Marta de S.O.S. Heavy Metal Radio Show como eu mesma estamos gratamente sorprendidos pola boa resposta do público, das bandas e bo ambiente creado neste evento.Un festival que naceu para facilitar a colaboración a ambos lados do Minho co metal por bandeira.

Traioche a Dani o vocalista de Meu a banda de Lalín que sacou ai pouco o seu novo vídeo do tema Insectos.Falaremos en profundidade deste tema e de como foi a realización do vídeoclip.

Tamén estreamos sección : CiTA CO UNDERGROUND, con Oscar guitarrista de Barbarian Prophecies, fundador do Napalfest e persoa referente no underground.Desta primeira volta falaranos de Her Ansiety e da súa impresión como músico e público no Ghallaecia Metalfest.

E teremos con nós a Manu de Kaleikia, a banda de pos-stoner da zona de Sanxenxo , que nos ven a contar a súa traxectoria musical, e no que andan agora mesmo metidos.
E para rematar teremos con nós a ANN de Descúbreas na sección de Mulleres Galegas Kañeras.Traioche a experiencia desta muller melómana que fai o posible por axudar a sair adiante a novas xeracións de mulleres músicas.

E para rematar unha nova, Galiza Metálica convertese nun programa semanal. O próximo luns estaremos de volta o meu compañeiro Filipe Marta mais eu para traerche mais entrevistas, seccións e moita mais música k che faga petar todos os teus prexuicios sobre a escena local.

E recorda, merca música, apoia as túa bandas locais e sigue facendo o posible para que Galiza siga sendo METÁLICA!!

GALIZA METÁLICA C/ PATTY CASTRO

ENTREVISTA C/ MEU

MEU – Outro día máis – Outro dia máis
MEU – Insectos – Insectos
MEU – Doutor Caníbal – Doutor Caníbal

CITA CO UNDERGROUND C/ OSCAR BESTEIRO

HER ANXIETY – No Land in Sight – Alice
HER ANXIETY – No Land in Sight – New Chess King

BARBARIAN PROPHECIES – Detroit Rock City – Detroit Rock City
MILETH – Recolleita dos Demos que han de ser Esquecidos -- … E Na Novena Onda Caeron Os Deuses

ENTREVISTA C/ MANU (KALEIKIA)

KALEIKIA – Oiléan Fada – Padriñán
KALEIKIA – Oiléan Fada – Nantes
KALEIKIA – Oiléan Fada – Colmado

WE RIDE – Empowering Life – Voices
ZELION – 1107 – Atrapado en la Red

MGK – ENTREVISTA C/ ANN (DESCUBREAS)

UNLIVING SIN – Symphony Of The Wicked – The Glory of Death
VOICES OF GALADH – Wondering – Innocent Eyes
AGORAPHOBIA – Incoming Noise – Zero
EAGER PLATYPUS – Last Howl – Last Howl

RHEIA GORECKI – VVV – Loaded
ZËNZAR – Camiñando entre serpes – Non