Listen

Description

Derradeiro programa de radio do ano 2021, e tamén derrareira colaboración con a radioweb #axentedeteo.com

Desta volta neste terceiro programa a condutora Patty Castro fálanos da importancia de visibilizar e coidar as donas/os de bares, pubs e salas de concertos onde é posible escoitar aos grupos en directo, pois sen estes sitios sería imposible.
Desta vez temos a oportunidade de escoitar ao dono do Pub Transylvania de Vigo , Jorge, un valenciano melómano asentado na Galiza dende ai 20 anos e que dende ai 7 leva este Pub no que podes escoitar unha variada selección musical dende o hard rock ao metal mais pesado.ë coñecido por coidar tanto a súa parroquia como aos grupos que veñen a dar bolos ao seu pub, el mesmo contaranos a súa visión da situación complicada que están a pasr por culpa da pandemia, os estilos que mais triunfan e adiantaranos a axenda de concertos:
os nacionais,Terader,Arsian ,Al final solo habrá cenizas e Lethargus e os internacionais : Temperance, Eternal Idol e Bonded.

Escoitaremos o novo single de os lugueses Barbarian Prophecies : alfa e tamen o estreno de outra banda Arrythimia , Espertei. E tamén o novo dos Os vacalouras , tírate da ponte de rande.

Nas novas seccións teremos a Jacobo de Rouco Son dándonos as novas da revista, na que nos falará das entrevistas, novidades do mercado e a lista de discos do 2021.
Na sección con Mon Latem a coruñesa cóntanos como foi o festi feito na sala Buril de Lugo por varias bandas como Barbarian, Vøidwomb, Ruthless e Corteza inhumana.

E estrenamos nova colaboradora con nova sección, a Nía Tarrío de Boiro, tráenos a súa visión académica da cultura underground na Galiza, toda unha pasada poder contar coa creadora do Proxecto Rizoma e aproveita para dar paso aos coruñeses La Hydra co tema un futuro que honre al pasado.

E tamén ai que decir que para o ano termos 2 Galiza Metálica ao mes, en formato podcast e ademais unha nova sección de ntrevistas feita pola propia presentadora , entrevistas MGK as entrevistas a Mulleres Galegas Kañeras.

Xa sabedes apoide a cultura,as mulleres, ide os concertos, mercade discos e facede que Galiza sexa cada vez mais Metálica!