Moi boas, son Patty Castro e estou encantada de estar de novo con todas vós!
Chegou por fin o episodio número 7 de Galiza Metálica, desta volta non puido ser quincenal, mais ven cun extra de tempo adicional, con case 2 horas e cuarto de música, entrevistas e interesantes seccións!
O primeiro e darvos grazas as ointes, estamos a ter unha gran acollida nestes episodios nas 3 plataformas onde esta subido, e saúdos moi especiais para Portugal, grazas a Antena Minho por unir pobos e linguas baixo a bandeira da música kañera!
Comezamos coa nosa colaboradora Montse Leis que nos trae a crónica do concerto aniversario do Inferno rock bar de Santiago acaecido na sala Malatesta o pasado 18 de febreiro. Na súa sección "de bolos con Mon" escoitaremos a os grupos k estiveron dando tralla os Crixis e Northslave.
Teremos con nós a Lois ao vocalista e guitarrista do grupo de blackmetal de Soutomaior , Balmog. Vennos a falar da súa traxectoria de como rachan con estereotipos e fan o k lles peta neste último album , EVE dos que escoitaremos varos temas .E daranos parte dos bolos onde podemos ir a velos, incluido o próximo sábado 26 de marzo na sala Asatrû, Pazo dos lobos de Ortigueira.
Na sección de "Facendo Rizoma" a nosa colaboradora e compañeira Nía Tarrío vennos achegar a investigación musical que ela desarroia sobre os grupos do underground galego.Desta volta ademais cargada de grupos d música mais que interesantes como Carcomedhi, Ekkaia, e Vicky Polard.
Despois na nosa sección de coñecendo salas onde damos visibilidade as salas onde se ofrecen os bolos k nos molan teremos a Cao de Mós o dinamizador cultural da Sala Rebullón de Mós , todo un referente dentro do ambiente musical, por sonoridade, emprazamento e servizos.venos contar a historia da sala e presentarnos un pedazo de festival que se realiza este sábado 26, O Napal fest 2022. poderemos escoitar as bandas que alí se van reunir : Raze, Mesenktet, Al final solo habrá Cenizas e Barbarian Prophecies a quen teremos mandanos un saúdo e recordandonos este bolazo e o k se aproxima a seguinte finde na sala capitol de Santiago.
Deste bolazo presentación do seu último traballo Memento Mori, vainos a falar Borja, guitarrista de Perpetual, a banda coruñesa de death metal que son os organizadores deste evento con letras maiusculas na sala capitol o domingo 3 de abril. Para tal ocasión veñen arroupados por os seus amigos Barbarian e a volta os escenarios de Agónica.
E para rematar a nosa sección mais querida e lonxeva que nos permitira coñecer mellor a un referente femenino indispensable, Diana Tarín.
Esta Galego-cubana pianista, profesora de percusión e canto en varias escolas entre Ourense e Vigo e maravilosa cantante de soul, jazz e música de fusión daranos un repaso pola súa traxectoria vital na música e contaranos que novas se achegan .
Espero que desfrutedes do programa e moitos saúdos! e recordade, ide os concertso, mercade música e apoiade as bandas locais para que Galiza siga sendo METÁLICA!