Xa chegou o novo programa de Galiza Metálica!!
Comezamos cunha entrevista feita a corey o baixista de Lóstregos, na que nos fala da banda e dos próximos bolos !
Seguimos con Mon e a súa sección de bolos, tráenos 2 crónicas desta volta na zona da coruña, na mardigrass con The Rock Legends e no Black Widow o dúo Twin Flames.Dúas propostas de versións unha en electrónico e outra en acústico que farán as delicias para tódolos públicos.
Tivemos a gran sorte de contar coa entrevista a Tomás do grupo Meu, o guitarrista falaranos deste grupazo do interior da galiza que trae metal potente en galego e dannos as datas dos prósimos bolos onde poderemos escoitar temazos como o Douctor Canibal.
Na nosa sección para facer comunidade coñeceremos mellor a Manel o encargado do programa Na toupeira, músicas soterradas onde poderemos escoitar de k vai o programa para que poidades saber mais desta aposta polo rock, pop e indie da Galiza.
E xa para rematar teremos a nosa sección de bolos desta finde e a entrevista con Mariah fosado a vocalista de Xhamain, na que nos conta as novidades nas que están a traballar!
Moitas grazas a tódalas ointes de Galiza Metálica e recordade, mercade música, ide aos concertos, apoiade as bandas locais e facede todo o posible para que Galiza siga sendo Metálica!