Listen

Description

Segundo programa de Galiza Metálica, podcast feito en galego sobre música metal, heavy e rock de grupos galegos.

Desta volta facémonos eco de un medio de prensa e web de referencia como é Rouco Son O primeiro medio de prensa galego é en galego que dalle visibilidade os grupos da Galiza.Falamos con Jacobo o seu creador, guitarrista de Mileth e Dioivo e tamén falamos dos próximos concertos que vai realizar coas súas bandas este 27 de decembro na @salarebullon acompañando a Mileth con @cuélebre e o 4 de decembro no @pub tranylvania acompañando a Diovio con @lóstregos

Dámoslle visibilidade a dúas presentacións de novos traballos discográficos : a banda de doom coruñesa @Cruzeiro, que presenta o seu primeiro disco homónimo.
E a veterana banda ourensá @Xerión, o dúo formado por Daga e Nocturno presentan o seu último lanzamento, lamento luminescente.

Recomendamos un festival no buril en Lugo con @Barbarian propehecies que comeza a xira do seu lanzamento Horizont! e os grupos @RUTHLESS , @Corteza Inhumana e
@Voidwomb .Organizado por O Buril , @andrie.stonergasm & #loitaunderground, e o son a cargo de Kollapse Studio

⭕ Día 11 en Buril (Sarria - Lugo), portas 20H, entrada 8 €

Tamén coñeceremos mellor a nova colaboradora de galiza metálica, @montse.leis , que nos trae unha nova sección para o programa.

Espero que che guste e recorda acude a bolos, coñece a escena do teu entorno e fai o posible para que Galiza sexa Metálica!
Deixamos ligazón ao trailer de Escuros, roucos e acompasados, un documental feitos sobre a música metal dos 90 na galiza.
https://youtu.be/c9pJ68FciXc