Laza presume “do Entroido máis enxebre de Galicia”; noutras palabras, dun Carnavalxenuinamente galego. Laza, xunto con Xinzo e Verín, forma un dos vértices do triángulo máxico do Entroido de Galicia. Un territorio que vive consagrado a estas irreverentes festas.
E a diversión comeza moi cedo, semanas antes da chegada do propio Carnaval, coa celebración de catro Venres de Folión. Os folións son comparsas que, para espantar os malos espíritos, percorren as
rúas durante a noite tocando con obxectos variados.