Listen

Description

Canta que cadramos bene, canta que cadramos bene
Moitas almas se condean, porque nos levamos bene
Ai a lala lala laaaaaa, ai a lala lal lalaaaaaa

Porque nos levamos bene, temo-lo mundo contrario
Habemonos de levare, anque pasemos traballo
Ai a lala lala laaaaaa, ai a lala lala lalaaaaaa

As regras do patriarcado,
son ruíns e retorcidas.
Non me mandes que non calo,
Aquí comeza a cantiga.

Contra o patriarcado temos que loitar,
xuntas as mulleres imos arrasar.
Iste 8 de marzo non vaias currar,
coa greve feminista o mundo vai parar.

Vai ti, vou eu, vai ela,
pra racha-lo sistema.
Vai ti, vou eu, vai ela,
polas que xa non berran.

As penurias que pasaron,
as nosas antepasadas.
Non as imos aguantar-e,
esta loita está gañada.

Fóra o patriarcado da nosa nación,
se loitamos xuntas na erradicación.
Iste 8 de marzo non vaias currar,
secunda esta folga, faite respectar.

Vai ti, vou eu, vai ela,
pra racha-lo sistema.
Vai ti, vou eu, vai ela,
polas que xa non berran.

O meu corpo só é meu-e,
cando digo non é non-e.
Non quero oír máis piropos,
nin máis cousificación-e.

Se a publicidade faiche dubidar,
se ti tes un corpo de muller real.
Se queres ser ceibe, fuxir da opresión,
tira pola fiestra o teu televisor.

Vai ti, vou eu, vai ela,
pra racha-lo sistema.
Vai ti, vou eu, vai ela,
polas que xa non berran.

Na vida hai que aguantar-e,
aguanta ti se che peta.
O amor que eu quero non mata,
o amor que eu quero respecta.

Se ao chegar a casa preparo o xantar,
se saio do curro para traballar.
Se coido da avoa, se vou á reunión,
non me vendas fume coa conciliación.

Vai ti, vou eu, vai ela,
pra racha-lo sistema.
Vai ti, vou eu, vai ela,
polas que xa non berran.