Muito breve autobiografia do Isaac Alonso Estraviz, escritor e defensor do noso idioma. Como lexicógrafo, é autor de varias obras sobre o léxico da lingua galega, destacando o Dicionário da língua galega, editado orixinalmente por Alhena (1986) e posteriormente nunha edición resumida por Sotelo Blanco (1995). Desde 2005 está dispoñíbel para consulta en liña no Portal Galego da Língua.
O Estraviz, como cariñosamente se lle coñece é membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua (AGAL) e do consello de redacción da revista Agália. Actualmente é o vicepresidente da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP).