Listen

Description

Manuel Rodrigues Lapa, foi un filólogo portugués que fixo varios estudos sobre o galego. Estudou na Universidade de Lisboa, onde se doutorou coa tese Das Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média (1930). Nese mesmo ano dirixe a súa atención para Galiza, e publica Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII, obra na cal estuda vilancicos nos que aparecen galegos aos recitar. Dous anos despois efectúa a súa primeira visita a Galiza. En repetidas ocasións voltará a publicar sobre o galego e a Galiza nos anos seguintes onde se relaciona con diversos galeguistas.
En 1965, a súa edición das cantigas de escarnio e maldicir imprímese en Vigo e, en 1973, Rodrigues Lapa publica un artigo na revista lisboeta Colóquio / Letras, ONDE SE PROCLAMA PARTIDARIO DE QUE O GALEGO SE ESCRIBA CON ORTOGRAFIA PORTUGUESA. O artigo reeditouse na publicación galega Grial, o que provocou unha viva polémica, na que toman postura en contra intelectuais galegos, como Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Otero Pedrayo, ente outros; e a favor Valentín Paz Andrade, Ernesto Guerra da Cal, Ricardo Carballo Calero e outros.
En 1981 realizou a que sería a súa última visita a Galiza, para presentar un libro do seu amigo Carballo Calero. Por esta altura padecía xa problemas de saúde que dificultaban os seus desprazamentos. En 1989 falecería na súa morada de Anadia (Aveiro).