Listen

Description

Reportaxe da TVG sobre Adolfo Domínguez, coñecido popularmente como Fito, soldador de profesión, que foi a voz cantante do grupo A Roda, fundado durante a transición. Este grupo caracterizouse desde o principio por recoller as composicións populares que se cantaban nas tabernas, acadando gran repercusión. O seu primeiro disco, que incluía clásicos como "Pousa, pousa", "O andar miudiño" e "O gato", foi un éxito de vendas e acadou o premio da crítica galega.