Listen

Description

Neste programa tivemos:

As entrevistas ó acordeonista Víctor Prieto, que a pasada semana estivo por Ourense e ó actor e músico ourensán Xoel Yáñez.

No faladoiro de hoxe: "Persoeiros galegos esquecidos". Neste apartado falaremos deses paisanos cuxa obra foi transcendetal no seu eido de traballo mais non foi recoñecida coma se mercía na súa propia terra.

Tamén teremos un "Doña Melitona" especial dedicado á cantautora Cecilia, co gallo da saída ó mercado do albume recopilatorio "Todo Cecilia", no ano que se cumpren 40 anos do seu pasamento.