Entrevista á actriz ourensá Laura Míguez, que nos falará da súa obra de teatro "Resaca", que estes días represéntase no Auditorio Municipal de Ourense.
No faladoiro: “A evolución dos medios de comunicación en galego”: Co gallo do 35 aniversario do parlamento galego analizamos unha das novidades que trouxo a autonomía, a fundación da RTVG, como evolucionou este medio nestes anos? Ten futuro o galego coma vehículo de transmisión nos medios de comunicación e entretemento?
E para rematar unha nova entrega da sección musical "Doña Melitona" ás cancións do mítico programa Xabarín Club.