Neste Programa Orballo de Radio Allariz:
Esta tarde teremos a visita dos BABABOOM: "un colectivo que se forma na cidade de Ourense no ano 2013, cunha pasión, a cultura sound system, sesións cargadas de vinilos de roots, reggae, dub e steppa."
No faladoiro de hoxe: "A mitificación dun persoeiro trala súa morte". Esta semana a morte de Fidel Castro copou os informativos mundais, e o mundo dividiuse entre os que opinan que foi un dictador ou un heroe revolucionario, que idea de Fidel quedará na historia? Analizaremos este caso e o doutros personaxes senlleiros.
Tamén entrevistaremos o gran percusionista Eloi Pascual que nos falará do seu proxecto no eido do jazz.