Neste programa temos tres relatos do escritor Giorgio Manganelli, do seu libro Centuria. Cen pequenas novelas río. Os relatos seleccionados son o 7, o 51 e o 62; E que poderíamos titular para saber de que van... O perseguido, O home inexistente e O roubo do Universo, respectivamente. Entre relato e relato hai música creada por Germán Son. Ademais hai unha pequena biografía, máis un comentario de Manganelli sobre este libro. Pódese pedir máis?