Listen

Description

SONS DA LIBERDADE, estas son as citas e autores, amalgamadas pola música de Germán Son:
Oh, liberdade gran tesouro! porque non hai boa prisión, aínda que fose en cadeas de ouro. Lope de Vega (1562-1635) Poeta e dramaturgo do barroco español. Non comparto o que dis, pero defenderei ata a morte o teu dereito a dicilo. Cita apócrifa de Voltaire. (1694-1778) Escritor, historiador, filósofo e avogado francés. Ninguén combate a liberdade; ao sumo combate a liberdade dos demais. A liberdade existiu dende sempre, pero unhas veces como privilexio de algúns, e outras veces como un dereito de todos. Karl Marx (1818-1883) Filósofo e economista alemán. Se non tes a liberdade interior, que outra liberdade esperas poder ter? Arturo Graf (1848-1913) Escritor e poeta italiano. A liberdade supón responsabilidade. Por iso a maior parte dos homes a temen tanto. Non busquemos solemnes definicións da liberdade. Ela é só isto: Responsabilidade. George Bernard Shaw (1856-1950) Escritor irlandés. O único home que é realmente libre é aquel que pode rexeitar unha invitación a comer sen dar unha escusa. Jules Renard (1864-1910) Escritor e dramaturgo francés. O home é libre, ten que ser libre. A súa primeira virtude, a súa gran fermosura, o seu gran amor é a liberdade. Juan Ramón Jiménez (1881-1958) Escritor español. Unha doce e triunfante liberdade se apodera de aqueles que saben que van a morrer pronto. Vicki Baum (1888-1960) Novelista estadounidense. O home está condenado a ser libre. Jean Paul Sartre (1905-1980) Filósofo e escritor francés. A liberdade da fantasía non é ningunha fuxida á irrealidade; é creación e ousadía. Eugene Ionesco (1912-1994) Dramaturgo francés de orixe rumano. A liberdade máis difícil de conservar é a de equivocarse. Morris West (1916-1999) Escritor australiano. Hoxe en día a liberdade é posible, ou non tendo desexos, ou tendo cartos. Germán Son (1970) Autor do Cuarto Son.