A cor debe ser pensada, soñada, imaxinada.
(Henri Matisse).
Primeira parte dunha triloxía de cores... Comezamos co vermello e citaremos textos de Court de Gébelin sobre as túnicas romanas; de Jean Chevalier sobre o simbólico desta cor en oriente; de Salvador Rueda unha breve poesía dunha papoula; de Jean Arp, un texto do pai do dadaísmo; do artista Andy Goldsworthy comparacións vermellas; do escritor Raul Ferruz e da súa predilección polas palabras; e un refrán popular do atardecer desta cor e da mañá gris; máis do por que o planeta Marte é tan vermello ferroso... E entre un e outro pensamento haberá unhas pezas musicais de Germán Son... Tinguídevos de vermello con este novo programa de radio do Cuarto Son.