Capítulo 3 - Luz ao Casino!
O 30 de maio de 2010 celebrábase a primeira festa “da historia” de Ourense. Promovida pola A. C. A Bela Auria, o evento paríase polo paraninfo e corredores do Instituto Otero Pedrayo e o Xardín do Posío; que sería berce de todas e cada unha das festas celebradas o último sábado de setembro (e domingo...) na vila auriensiana.
No folleto informativo explicábase así: A Bela Auria é unha festa de recreación histórica que quere converterse nunha gran actividade de participación cidadá integrando propostas de colectivos e persoas con diferentes intereses. Por iso, o programa compón unha oferta cultural GRATUÍTA agrupada baixo tres temáticas...
Para esta a efeméride, a Bela Auria presenta o derradeiro capítulo dos graxos da Burga... Desta temporada... Ben, quen sabe! E non podemos pechar iste programa sen agradecer novamente a Radio Liverdade e as persoas que colaboraron niste bonito proxecto, a súa participación para a memoria do patrimonio inmaterial de Ourense...