Listen

Description

O Mundo que Queremos é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, promovida pola Consellería de Educación. Con este proxecto queremos explorar o potencial educativo da comunicación a través da interacción entre os centros educativos galegos participantes e iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países do Sur a través das ONGD. O fío temático do proxecto está tecido polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que se presentarán nas aulas a través de talleres, obradoiros de radio e fotografía e representacións do Teatro da Oprimida. Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades culminará na visita aos institutos de persoas dos países do Sur vinculadas á proxectos de cooperación para o desenvolvemento, e un encontro final intercentros no que todo o alumnado participante amosará os traballos radiofónicos e fotográficos realizados durante estes meses.