Listen

Description

Comeza unha nova temporada da Radio Universitaria da Universidade de Vigo. Nesta cuarta andaina inauguramos seccións e novas voces que nos acompañarán durante toda esta temporada. Falaremos de RRSS, a opinión da xente da rúa sobre a televisión e no noso tempo de entrevista contaremos con a Beatriz Legerén, docente da Facultade de CCSS de Pontevedra que nos falará do proxecto de colaboración entre Comunicación Audiovisual e Enxeñería de Telecomunicacións. Na parte final do programa o noso compañeiro Iván interpretará unha particular versión do tema de Miguel Bosé "Como un lobo". Non volo perdades.