No Escaparate desta semana os membros do noso equipo intercambiaron os seus postos para saber como se sente facendo as funcións doutros escaparatistas membros do equipo. Malia este cambio de roles o programa conservou as súas habituais seccións como Chíos e Cancelos, O falar da rúa ou Eramos poucos. Na entrevista desta vez acompañáronnos a finalista e a gañadora do noso concurso Tes talento que nos falarán sobre as súas ambicións e soños. Tamén lle botamos un ollo aos candidatos das máis que coñecidas eleccións de Publicidade e RRPP. Moita sorte a todos os partidos. E xa para rematar falamos coa banda Foxy Freire que nos presentará a súa máis que enérxica música.