Orgullo Tolo_
Hoxe falamos as tolas, si as tolas de atar. Porque de atar e outros maltratos aos que nos teñen sometidas, a todas nos, as criaturiñas que estamos como cabras e que xa estamos un pouco fartas, queremos denunciar e darlle voz. Porque o sistema sanitario público mental, necesita mellorar, por decilo de algunha maneira. Imos escoitaralgún relato, voces de xente tola. Si, esa xente perigosa para o sistema, criaturiñas extrañas as que é millor pechar e atar, e se cabe drogar ata o punto de que non pensen e molesten. Se vos dades conta é o que nos fan a todas nos esta sociedade, aos que molestamos e non somos normais, as que non seguimos a corrente, as que pensamos, as que berran, os que choramos, ¨ os homes non choran¨ as que nacimos en corpos que non nos corresponden, ou calquer cousa que se lles ocurra decir que non é normal, entón poñenche un nome ou danche un diagnóstico e listo para o teu tratamento. Por eso hoxe imos falar e se cabe berrar como xa fixeron outras antes de nos. Como cantaba un tolo chamado Paco Ivañez, xa non hai tolos en españa!