O programa Estamos de Cine terá hoxe como convidado a Luis Aller. O cineasta visitará a Sala Numax para impartir unhas aulas sobre historia do cinema este sábado 20 de febreiro, xornada na que tamén presentará o seu último filme, 'Transeúntes'. O espazo cinematográfico, conducido por Sandra Romero, tamén realizará o habitual repaso ás estreas da carteleira e incluirá nesta ocasión as cancións da banda sonora da película Notting Hill e o concurso no que os oíntes poden gañar dúas entradas de cine recoñecendo a secuencia dun filme.