"A cúpula" é unha peza de radioteatro gravada polo alumnado do club de lectura do IES de Porto do Son, realizada nun obradoiro con Roberto Casalque parte da colaboración coa OMIX do Concello de Porto do Son. Enmárcase nas actividades do club de lectura, do mes do libro, do proxecto do club de ciencias e do tema interdisciplinario de centro, as emocións.