No penúltimo programa de Mariña Marabillosa falamos de Trabada, un concello pequeno e montañoso, pero tamén fermoso. Falamos con Mayra García, a súa Alcaldesa; con Israel Edrosa, Presidente da Asociación Cultural O Picato; con Salvador Díaz-Echevarría, propietario de Casa Quitapenas; con José María Portela, antigo músico da famosa Banda de Vidal, con Daniel Villapol, coñecido madeirista de Trabada, e con Celso Currás, antigo Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia.