Listen

Description

Coñecemos o concello de Riotorto, da man de Clemente, o seu alcalde; Marta, a súa técnica de emprego; o ferreiro Manolo; a pasteleira Tere; Cecilia, Directora da Coral do concello, e Luís Iglesia, famoso actor e cantante galego, veciño de Riotorto. A famosa tarta de améndoa, as cascadas, as paisaxes, a igrexa vella de San Pedro, o Castro da Coroa... e moitas cousas máis. E, sobre todo, o traballo dos ferreiros, fonte de riqueza, arte e tradición.