Listen

Description

No centro de poder do lendario Mariscal Pero Pardo de Cela atópase o castelo do Castrodouro, orixe do concello de Alfoz. Co Alcalde, Jorge Val, co Concelleiro de Turismo, Xabier Pardiñas, e con veciños implicados en diversas facetas culturais do concello, falamos do que se fai e do que hai en Alfoz. Tamén contamos coa presenza do famoso actor Manuel Lourenzo, que veranea sempre en Vilaúde. E regalamos unha estancia en Casa Fandín, da Devesa, que nesta ocasión se foi para unha votante de Vilaronte.