Falamos das belezas do Vicedo, o concello máis occidental da Mariña Lucense, co seu alcaldde, Xesús Novo; co técnico de turismo Hugo; coa recanteira Lara Rodríguez; coa artista polifacética Andrea Pereira; coa xente do fútbol Domingo, Alberto e Saúl, e co xornalista afincado no Vicedo Ernesto Sánchez Pombo. Tamén agasallamos cunha cea ou comida no restaurante O Asador de Viveiro e falamos con Enrique, o seu encargado. A música foi da asociación "Os do 21" e con Lara Rodríguez.