As guitarras con reverb dominan este programa con surf sen sol mentres os tornados azotan a costa atlántica. Baixo este oleaxe embravecido as instro bands sucédense rapidamente, “sin solución de continuidad” como diría Juan de Pablos. Dende bandas de principios dos 60 californianas ata actuais galegas como The Kanaloas e Leroy & Los Masoquistas. Escoitamos clásicos como Link Wray e Dick Dale e potentes bandas hispanas como os madrileños Los Coronas e os mexicanos Lost Acapulco. Damos cabida tamén a banda asturiana Kings of Makaha, editada polo selo coruñés Freeky Dicky Records, proximamente de xira polas nosas terras. E presentamos en exclusiva o disco de Travestí Afgano o novo proxecto do incombustible Rafa Anido xunto a Marcos e Luismi de Lobishome.